lunes, 14 de marzo de 2011

"En un bosque de hoja caduca" de Gonzalo Moure

Nesta fermosa obra, Gonzalo Moure explora a infancia e adolescencia dunha muller que dende o presente quere recuperar un antigo escrito de xuventude e que ó memso tempo reflexiona sobre a vida e a morte, o amor e sobre todo sobre a natureza.
Lucía é unha rapaza que axuda na observación e toma de notas dunha sociedade ornitolóxica. Nesta actividade na que ten que estudar un niño de reiseñores e os seus habitantes, acaba tomando un contacto moito máis profundo do que esperaba con  estas aves. 
A falta de comprensión que recibe do seu entorno e compañeiros(adolescencia) fara que en silencio e soedade vaia asumindo todos os cambios que se están a producir na súa vida, ata que por fin atope con quen compartilo todo...
E de fondo un reiseñor e un maravillosos bosque de folla caduca.

MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario