lunes, 14 de marzo de 2011

"En un bosque de hoja caduca" de Gonzalo Moure

Nesta fermosa obra, Gonzalo Moure explora a infancia e adolescencia dunha muller que dende o presente quere recuperar un antigo escrito de xuventude e que ó memso tempo reflexiona sobre a vida e a morte, o amor e sobre todo sobre a natureza.
Lucía é unha rapaza que axuda na observación e toma de notas dunha sociedade ornitolóxica. Nesta actividade na que ten que estudar un niño de reiseñores e os seus habitantes, acaba tomando un contacto moito máis profundo do que esperaba con  estas aves. 
A falta de comprensión que recibe do seu entorno e compañeiros(adolescencia) fara que en silencio e soedade vaia asumindo todos os cambios que se están a producir na súa vida, ata que por fin atope con quen compartilo todo...
E de fondo un reiseñor e un maravillosos bosque de folla caduca.

MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com

viernes, 11 de marzo de 2011

"El último muerto" de Fernando Lalana


A última novela de Fernando lalana é un novo caso do detective Fermín Escartín. 
Có seu peculiar forma de traballar o noso protagonista terá que resolver un caso de asasinato no que se ve involucrado emocionalmente: a morte do marido da súa ex-muller, á que Fermín aínda, as veces, bota de menos.
Outro caso se mistura na súa investigación, e tirando do fio de ambos chegará a arrisacar a súa vida, ó tempo que recuperara o amor perdido.
Trátase dunha novela moi ben levada na que ademáis do sentido de humor do autor e do protagonista, asistimos a unha intriga complexa pero moi ben resolta.
Ata o final non atoparemos as claves do misterio, aínda que os máis avispados ó mellor son capaces de pillar ó criminal antes que Escartín.

martes, 1 de marzo de 2011

"La tuneladora" de Fernando Lalana

Cando o detective Fermín Escartín recibe o encargo de investigar a desaparición dun xove inxenieiro, non se imaxinaba que estaba a entrar nun misterio de enormes proporcións nos que chegará a arriscar a súa propia vida.
Con moito humor, Fernando Lalana nos introduce nunha típica novela negra ambentada na cidade de Zaragoza. Un protagonista peculiar e cunha forma de traballar moi particular vai paso a paso resolvendo o misterio, ó mesmo tempo que, como non, coñece a unha fermosa rapaza.
Caos urbano, misterios do pasado, mortos deformes que cobran vida, as intrigas dun emporio da construción,... Todo esto e máis se atopa nesta novela de Fernando Lalana.